Ola a tod@s:
Xa levábamos tempo se empregar o blogue así que que mellor momento que nunha das festas que máis nos gusta, O Entroido.
Aínda que a situación é difícil seguimos tirando da imaxinación para poder facer máis levadeira esta situación.
A temática do CEIP Plurilingüe de Covas este ano é "Profesións do confinamento", cremos que é un modo bonito de agradecer a parte dos profesionais que estiveron traballando durante a pandemia para facernos a vida máis levadeira. Como se soe dicir "non están todas as que son pero si son todas as que están", así que vaia a nosa homenaxe a todos e todas elas.😍😍😍😍😍
Déixovos a música e a Alpuxarrada para que poidades cantar tamén nas vosas casas. Este ano escollimos unha música de "los payasos de la tele" que podedes descargar máis abaixo.
VIVA O ENTROIDO!!!!!!!!