luns, 30 de marzo de 2020

Nelson toca a guitarra!!!!

Empezamos a semana con Nelson e a sua guitarra!!!😍😍😍😍😍

Nelson está en 6º de Educación Primaria e quixo compartir esta fermosa peza con nós.

BRAVO NELSON 👏👏👏👏👏👏👏👏👏




xoves, 26 de marzo de 2020

Lola e Aldara tamén tocan!!!!!

Lola e Aldara son dúas irmáns que temos no cole. Lola está e 3º de Primaria e Aldara en 6º. Lola toca o piano e Aldara o clarinete 😍😍😍😍😍😍😍

Hoxe interpretan para nós O vals dos elefantes e Pocahontas.

Bravo chicas 👏👏👏👏👏👏👏👏

 



mércores, 25 de marzo de 2020

Icía toca o clarinete!!!!!

Ola a tod@s:

Seguimos compartindo música. Agora é Icía, de 5º de Educación Primaria, a que quixo compartir con tod@s nós este tema de Harry Potter, o seu mago preferido.

Bravo Icía!!!!!!!!!👏👏👏👏👏👏👏👏👏 


martes, 24 de marzo de 2020

JAIRO coa súa mamá!!!

Jairo, de 5º de Educación Infantil, tamén quere compartir con nós Fun ao mercado.

Grazas a Jairo e á súa mamá!!!!!


luns, 23 de marzo de 2020

QUERÉMOSVOS!!!!!!

Hoxe @s profes, coidadora e conserxe do CEIP Plurilingüe de Covas quixemos facervos chegar unha mensaxe moi especial de positividade

TODO VAI SAÍR BEN!!!!!!😘😘😘😘😘😘😘😘




venres, 20 de marzo de 2020

Anxo có tamboril!!!!!

Último vídeo do día de hoxe, Anxo de 6º de Educación Primaria tocando o tamboril. Como mola!!! 😍😍😍😍😍

Sodes uns artistas chic@s 👏👏👏👏👏👏

Julia Álvarez tamén cantou!!!

Boa tarde:

Julia Álvarez, de 2º de Educación Primaria quixo compartir con nóse fun ao mercado e un cachiño da Canción de Lolo, composta por Diamante Compañía de Ópera, que temos para estrear no mes de xullo na Biblio😍😍😍😍😍😍😍

Grazas Julia!!!!!!!!!


David toca o baixo!!!!!

Ola a tod@s:

Agora tócalle a David de 5º de Educación Primaria. David toca o baixo eléctrico e hoxe quixo compartir con nós esta peza 😍😍😍😍

Bravo David 👏👏👏👏👏👏👏👏 


Paco Nogueiras en Concerto!!!!

Bo día:

Hoxe temos plan. Ás 16:45h, nos directos de Instagram, Paco Nogueiras faranos bailar e cantar como só el sabe.
Non o perdades!!!!

mércores, 18 de marzo de 2020

Fun ao mercado. Lidia e Sara!!!!

Seguimos cantado Fun ao mercado. Esta vez son as irmáns Lidia (4º Ed. Infantil) e Sara (3º Ed. Primaria), as que queren compartir con nós este tema.

Graciñas chicas!!!! Encántanos as vosas actuacións 😍😍😍😍😍😍😍


"Fica na casa"

Desde Ourense chéganos este rap para que poidades cantar todos xuntos.


Grazas ao mestre Tonillo por compartilo con nós 😍🎵😍🎵🎶

martes, 17 de marzo de 2020

Fun ao mercado. Lola, 3 anos!!!!!!

Xa nos chegan as primeiras testemuñas do traballo que estades a facer na casa!!!!!
Que traballadores e traballadoras son os nen@s do CEIP Plurilingüe de Covas 👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏
Hoxe temos a Lola, de 4º de Educación Infantil. Con só 3 aniños nos quere facer disfrutar con esta canción 😍😍😍😍😍😍😍😍😍
Facédenos chegar os vosos vídeos!!!!!!

luns, 16 de marzo de 2020

"Fun ao mercado" para os máis peques

Suxestións para cantar cós máis peques da casa!!!!!!

Música nosa con artistas nosos, que temos moitos e dunha calidade superior. Cantemos cós nosos peques música feita para eles, e feita aquí, na casa.

Un clásico da nosa aula de música é "Fun ao mercado" de María Fumaça. Achégovos o enlace do youtube así como un musicograma (partitura con debuxos) para poder seguila e, si queredes, imprimila e coroleala.



Así mesmo, remítovos a unha entrada máis antiga deste blogue para traballar a canción dos números. Premede o enlace Os números

Lembrando o Antroido

Ola a tod@s:

Nestes momentos tan excepcionais que estamos vivindo apetecíame arrincar o blogue con algo que nos transmitira positividade e bo rollo. Son tantas as cousas que nos ocupan no día a día que tiñamos este espazo un pouquiño abandonado. Así que imos aproveitar a ocasión para insuflarnos un bo papado de positividade coa actuación de todo o CEIP Plurilingüe de Covas, no parque Pernas Peón, cantando a alpuxarrada creada por nós "O Cocido" neste Antroido 2020. En breve voltaremos a cantar xuntos pero agora...