Estamos de celebración ... BO DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!!!!!!
No CEIP Plurilingüe de Covas (Viveiro) celebramos esta data con uns Cantares ou Cantigas de Cego. Levamos todo curso traballando a nosa vila e para celebrar as Letras Galegas escollemos catro temas que xeraron catro Cantigas con Viveiro como tema:
- Un feito histórico: "O Naufraxio da Fragata Magdalena e o Bergantín Palomo"
- Un monumento: "A Porta de Carlos V"
- Unha lenda: " A lenda do dragón de Piago"
- Un personaxe: "Nicomedes Pastor Díaz"
As Cantigas de Cego caracterízanse por posuír unha música que se repite e rimar os seus versos octosílabos pares en asonancia, quedando libres os impares.
Traballamos cada un dos temas nas aulas e creamos as cantigas e os seus correspondentes pergamiños.
Este proxecto deu moitas posibilidades de aprendizaxe:
- traballamos a nosa vila, Viveiro
- os cantos de tradición oral
- o debuxo
- a dramatización
- os sentidos
- as enfermidades
- o analfabetismo, a importancia da educación
- as familias, os orfos
- as feiras e mercados
- a poesía
- a literatura
- os sentidos
- os topónimos
- o mar
- as embarcacións
- as aprendizaxes e ensinanzas
- ....
Foi impresionante o que os nos@s nen@s disfrutaron este proxecto.
Anímovos a que traballedes creedes as vosas propias Cantigas. Vaivos encantar 😍😍😍😍😍
Aquí vos deixo os diferentes materiais creados: letras das cantigas, pergamiños e vídeos dramatizados.