venres, 5 de febreiro de 2021

Entroido 2021

Ola a tod@s: 

Xa levábamos tempo se empregar o blogue así que que mellor momento que nunha das festas que máis nos gusta, O Entroido

Aínda que a situación é difícil seguimos tirando da imaxinación para poder facer máis levadeira esta situación.

A temática do CEIP Plurilingüe de Covas este ano é "Profesións do confinamento", cremos que é un modo bonito de agradecer a parte dos profesionais que estiveron traballando durante a pandemia para facernos a vida máis levadeira. Como se soe dicir "non están todas as que son pero si son todas as que están", así que vaia a nosa homenaxe a todos e todas elas.😍😍😍😍😍

Déixovos a música e a Alpuxarrada para que poidades cantar tamén nas vosas casas. Este ano escollimos unha música de "los payasos de la tele" que podedes descargar máis abaixo.


 VIVA O ENTROIDO!!!!!!!! 



Ningún comentario:

Publicar un comentario