venres, 17 de maio de 2019

LETRAS GALEGAS 2019

Estamos de celebración ... BO DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!!!!!!

No CEIP Plurilingüe de Covas (Viveiro) celebramos esta data con uns Cantares ou Cantigas de Cego. Levamos todo curso traballando a nosa vila e para celebrar as Letras Galegas escollemos catro temas que xeraron catro Cantigas con Viveiro como tema:
  1. Un feito histórico: "O Naufraxio da Fragata Magdalena e o Bergantín Palomo"
  2. Un monumento: "A Porta de Carlos V"
  3. Unha lenda: " A lenda do dragón de Piago"
  4. Un personaxe: "Nicomedes Pastor Díaz"


As Cantigas de Cego caracterízanse por posuír unha música que se repite e rimar os seus versos octosílabos pares en asonancia, quedando libres os impares.

Traballamos cada un dos temas nas aulas e creamos as cantigas e os seus correspondentes pergamiños.

Este proxecto deu moitas posibilidades de aprendizaxe: 
  • traballamos a nosa vila, Viveiro
  • os cantos de tradición oral
  • o debuxo
  • a dramatización
  • os sentidos
  • as enfermidades
  • o analfabetismo, a importancia da educación
  • as familias, os orfos
  • as feiras e mercados
  • a poesía
  • a literatura
  • os sentidos
  • os topónimos
  • o mar
  • as embarcacións
  • as aprendizaxes e ensinanzas
  • ....
Foi impresionante o que os nos@s nen@s disfrutaron este proxecto.

Anímovos a que traballedes creedes as vosas propias Cantigas. Vaivos encantar 😍😍😍😍😍

Aquí vos deixo os diferentes materiais creados: letras das cantigas, pergamiños e vídeos  dramatizados.