martes, 24 de decembro de 2019

BO NADAL!!!!

E que mellor forma de felicitar estas festas que cós nenos do CEIP Plurilingüe de Covas cantando, tocando e bailando panxoliñas!!!!!!
😍😍😍😍😍😍😍😍😍😍😍😍😍😍😍😍😍😍



xoves, 5 de decembro de 2019

Preparando o Nadal con 6° de EP

Aquí temos aos nosos frautistas de sexto preparando a súa actuación 😍😍😍😍😍😍

xoves, 24 de outubro de 2019

"Unha vella tiña un can"

Arrancamos o curso 2019-2020. 
E que mellor maneira q festexando o Día daa Biliotecas có alumnado de 6° de Ed. Infantil interpretando "Unha vella tiña un can" 😍😍😍😍😍😍😍😍
BRAVÍSIMO CHIC@S!!! 👏👏👏👏👏👏👏

venres, 17 de maio de 2019

LETRAS GALEGAS 2019

Estamos de celebración ... BO DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!!!!!!

No CEIP Plurilingüe de Covas (Viveiro) celebramos esta data con uns Cantares ou Cantigas de Cego. Levamos todo curso traballando a nosa vila e para celebrar as Letras Galegas escollemos catro temas que xeraron catro Cantigas con Viveiro como tema:
  1. Un feito histórico: "O Naufraxio da Fragata Magdalena e o Bergantín Palomo"
  2. Un monumento: "A Porta de Carlos V"
  3. Unha lenda: " A lenda do dragón de Piago"
  4. Un personaxe: "Nicomedes Pastor Díaz"


As Cantigas de Cego caracterízanse por posuír unha música que se repite e rimar os seus versos octosílabos pares en asonancia, quedando libres os impares.

Traballamos cada un dos temas nas aulas e creamos as cantigas e os seus correspondentes pergamiños.

Este proxecto deu moitas posibilidades de aprendizaxe: 
  • traballamos a nosa vila, Viveiro
  • os cantos de tradición oral
  • o debuxo
  • a dramatización
  • os sentidos
  • as enfermidades
  • o analfabetismo, a importancia da educación
  • as familias, os orfos
  • as feiras e mercados
  • a poesía
  • a literatura
  • os sentidos
  • os topónimos
  • o mar
  • as embarcacións
  • as aprendizaxes e ensinanzas
  • ....
Foi impresionante o que os nos@s nen@s disfrutaron este proxecto.

Anímovos a que traballedes creedes as vosas propias Cantigas. Vaivos encantar 😍😍😍😍😍

Aquí vos deixo os diferentes materiais creados: letras das cantigas, pergamiños e vídeos  dramatizados.










xoves, 11 de abril de 2019

Covas canta ... CATRO VELLOS MARIÑEIROS!!!!

Aquí vos presentamos a interpretación de Catro Vellos Mariñeiros a cargo dos alumnos/as do CEIP Purilingüe de Covas.
As imaxes foron gravadas en distintas localizacións do municipio dentro do proxecto que estamos a desenrolar no cole sobre VIVEIRO.
Esperamos que o disfrutedes tanto coma nós.

Que importante é conservar o noso patrimonio!!!!!

Vivan os CATRO VELLOS MARIÑEIROS  😍😍😍😍😍😍😍
 

mércores, 6 de marzo de 2019

ANTROIDO 2019

Xa fai tempo que non compartimos o traballo que facemos na nosa aula. E que mellor momento que éste para compartir.

Este ano o CEIP Plurilingüe de Covas, seguindo coa temática do proxecto anual que se desenrola no centro sobre Viveiro, decidiu disfrazarse das "FESTAS DE VIVEIRO".

Os infantís escolleron a Mostra Folclórica: Rusia, Kenia e Brasil
1º e 2º: A Romaxe do Naseiro
3º e 4º: O enterro da Sardiña
5º e 6º: O Resurrection Fest

Tal e como acostuma facerse en Viveiro, compuxemos unha alpuxarrada arredor do tema...
E esta foi a nosa interpretación da mesma o pasado venres 1 de marzo no Parque Pernas Peón de Covas (Viveiro)...

 Pasámolo bárbaro!!!!!!!