luns, 20 de abril de 2020

A primavera

Ola!!!!!!

Hoxe temos unha actividade para escoitar con moita atención. Imos traballar A Primavera de A. Vivaldi.
No vídeo ides escoitar a música acompañada de imaxes. Ditas imaxes cambian cando cambia a música. Si a música se repite as imaxes tamén teñen que repetirse.

Así que xa sabedes ....... abride ben as orellas, pechade a boca e prestade moita atención...

Cal é imaxe que se repite?



Quen se anima a facer o seu propio musicograma?
Só tedes que facer debuxos que representen a primavera e ir pasándoas coa música como se ve no vídeo. Ahhhh, non esquezas que hai un debuxo que se repite!!!!!!!

Podes mandarme o teu traballo en vídeo ao correo  comparte.ceipcovas@gmail.com e colgámolo neste blogue. Só tes que poñer a música e ir pasando os teus debuxos.

Agardo as vosas creacións!!!!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario